Unanimidade no pleno de Boiro para seguir mellorando o Pazo de Goiáns e renovar céspede e cuberta de gradas no Campo de Vista Alegre

29 Maio 2026

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 28 de maio o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de maio.

O pleno saldouse con acordos relevantes, como a proposta do Executivo local para requirir da Deputación os novos fondos necesarios para seguir poñendo en valor as construcións e a contorna ambiental do Pazo de Goiáns (lagar, vivenda e cortes). Esta proposición, aprobada por unanimidade, pretende continuar coa conservación e rehabilitación dos elementos patrimoniais do lagar pequeno, a vivenda e as cortes cun proxecto que ascende aos 252.332,38 euros. O proxecto que se pretende acometer contempla obras de consolidación urxentes de ámbito estrutural e tamén nas envolventes, executando as estruturas da cuberta derrubadas, saneado dos muros de pedra, a nivelación e conservación do piso, así como a recuperación ou instalación de carpinterías, portas e ventás das edificacións sobre as que se vai actuar.

Ademais, aprobouse a proposta do BNG para requirir da Deputación unha axuda para renovar o céspede de herba e cuberta das gradas no Campo de Fútbol de Vista Alegre.

A sesión, como de costume, pode verse íntegra mediante a canle municipal de YouTube.

Votacións da sesión

1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 30 de abril de 2026 – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).

2. Suplemento de crédito 1/2026 – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e Boiro Novo) e 2 votos en contra (BNG).

3. Suplemento de crédito 2/2026 – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e Boiro Novo) e 2 votos en contra (BNG).

4. Solicitude de subvención para a execución do proxecto de consolidación de edificacións de lagar, vivenda e cortes no entorno patrimonial do Pazo de Goiáns – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

5. Solicitude de subvención á Deputación da Coruña para a renovación do céspede de herba artificial e mellora da cuberta das gradas no Campo de Fútbol de Vista Alegre – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

6. Bonificación do ICIO do proxecto de creación dun ecosistema de vivendas inclusivas e servizos de apoio á vida en comunidade – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...