Patricia Torrado presenta na ULA Libraría Social de Outes o seu libro “Nakba”, este venres ás 19.30

04 Maio 2026

A ULA Libraría Social de Outes vai dar acollida este 8 de maio (venres) ás 19.30 horas á presentación do novo libro da poeta Patricia Torrado, do Porto do Son: o libro Nakba.

O libro Kakba (Catástrofe en árabe), recentemente distinguido co Premio de Poesía do Concello de Vilalba, é o título do novo libro da poeta Patricia Torrado Queiruga, os versos cos que gañou en 2025 o Premio de Poesía de Vilalba e que publicou Alvarellos Editora en febreiro de 2026.

Nunha edición ilustrada pola artista gazatí Reem M Al-Arqan e que inclúe a tradución dos poemas, dende o galego orixinal, tamén en castelán, inglés (a cargo da propia autora) e ao árabe (neste caso, na versión de Omneia Sadek El-Shahat).

Nakba é un poemario de denuncia, un berro indignado contra o xenocidio dun pobo, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: “Pode un poema describir a barbarie?, canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?”.

Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: Raizame, Escombros, Resistir coa palabra e Réquiem.

Tanto a ilustradora Reem como Nasser Rabad levan vivindo na Franxa de Gaza todo o conflito.

A autora

Patricia Torrado Queiruga, nada en Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega, ademais de experta en conservación e restauración do patrimonio e activista cultural.

En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relatoSilencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala. O ano pasado presentou na Casa da Cultura de Porto de Son o libro Ouveos fractais, acompañada na cita literaria pola arpista Clara Pino, e tamén pola secretaria da Asociación Cultural Barbantia, Milagros Torrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.