O pleno de Rois volve designar a Rogelio Rivas como xuíz de paz titular substituto

12 Maio 2026

O pleno do Concello de Rois aprobou por unanimidade designar de novo a Rogelio Rivas Míguez como xuíz de paz titular substituto, como propoñía o ditame da alcaldía cos argumentos de que “leva exercendo o cargo nos últimos anos e coñece a comunidade veciñal”.

Na sesión ordinaria celebrada o pasado venres, o alcalde, Ramón Tojo, explicou que o Concello chegou a un acordo con FCC para que esta empresa siga recollendo o lixo no municipio mentres se saca a licitación este contrato.

O grupo socialista preguntou cal pode ser a duración deste período transitorio unha vez que Rois abandonou a Mancomunidade Serra do Barbanza. Ramón Tojo explicou que o 31 de marzo remataron os tres meses de prórroga concedidos pola Mancomunidade, e que se chegou a un acordo con FCC para seguir recollendo o lixo, con algunhas melloras no servizo. A previsión e que non prazo dun ano se poida ter rematada a licitación da recollida do lixo. “Queremos rematar este proceso o antes posible”, afirmou o alcalde.

Os grupo socialista tamén se interesou polo proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, que se iniciou no mes de decembro. Ramón Tojo explicou que na reunión celebrada pola mesa de contratación en febreiro excluíuse a unha das empresas que se presentaron por non cumprir os requisitos. Nestes momentos, a mesa de contratación está a espera de recibir o informe técnico coa valoración da oferta económica da única empresa que opta a realizar o servizo. Se todo está correcto e a licitadora presenta a documentación necesaria, a estimación é que no prazo dun mes podería estar adxudicado o SAF. A licitación sacouse por un período de 2 anos coa opción de prórroga dunha anualidade.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...