O pleno da Pobra abordou asuntos urbanísticos, económicos e ambientais

28 Maio 2026

A Corporación municipal da Pobra do Caramiñal celebrou este xoves, 28 de maio, unha sesión ordinaria do pleno na que se trataron diferentes asuntos relacionados coa xestión municipal, o urbanismo, a facenda local e o medio ambiente.

A sesión comezou coa aprobación da acta anterior, correspondente ao pleno do 26 de marzo, e coa dación de conta dos decretos da alcaldía e outros asuntos.

No apartado de acordos, saíu adiante a proposta para a expropiación dunha franxa de 60 metros cadrados destinada á ampliación dun vial municipal, con sete votos a favor do grupo de goberno -formado por Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIP- e seis abstencións do Partido Popular.

Tamén foi aprobada a delegación na Deputación da Coruña de funcións relativas ao Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), neste caso con sete votos a favor e cinco en contra, tras a ausencia dunha concelleira durante a votación.

O pleno aprobou ademais por unanimidade o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito número 01/26, así como a adhesión aos convenios promovidos pola Xunta de Galicia para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos e de pilas e acumuladores.

Outro dos puntos debatidos foi o inicio do procedemento de revisión de oficio do nomeamento de Alberto Maneiro Liñares como persoal laboral fixo descontinuo na categoría de policía local, proposta que saíu adiante con sete votos a favor e cinco abstencións.

No apartado de mocións, as tres iniciativas presentadas polo grupo municipal do Partido Popular -relativas á sustentabilidade financeira, aos espazos públicos de lecer e a un plan de axudas para establecementos do municipio- foron rexeitadas por sete votos en contra e cinco a favor.

A orde do día completa pode consultarse na páxina web municipal e a sesión plenaria está dispoñíbel na canle de Youtube do Concello.

O pleno rematou coa quenda de rogos e preguntas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.