“O goberno de Israel fai o que lle peta e manexa a política en Oriente Medio dos EUA” – Antón Luaces

02 Maio 2026

Non importa a nacionalidade, obvian os motivos polos que países terceiros manteñen en pé a necesidade de axudar a Gaza e castigan con duras accións militares a aqueles que contraveñen os seus plans de arrasar Palestina, Líbano, Irán e a quen se lles poña por diante. O Gran Israel ten raiceiras no presente e o inmediato futuro dun estado (Israel) conformado a consecuencia dunha guerra mundial (a segunda) na que, por mor dunha mente (a de Hitler) moi semellante á de Netanyahu, millóns de xudeus perderon a vida. Outros moitos milleiros de palestinos e dos países de Oriente Medio, pagan desde 1967 con sucesivas guerras aquelas mortes de xudeus e a decisión dos países aliados de recoñecer o estado de Israel pouco despois de rematada a II Guerra Mundial: Israel está a facer con Oriente Medio o que a Alemaña de Hitler fixera anos antes co pobo xudeu radicado en territorio alemá.

Manda e dcta, actúa con ou sen axuda dos Estados Unidos de América e, sobor todo, sen que o atolondramento do goberno Trump poña unha mínima oposición a ese vitimario no que se integran nenos, mulleres e inocentes civís que “pasaban por alí” cando alguén puxo en marcha a máquina da destrución total de boa parte da historia mundial. E Donald Trump semella ignoralo, por máis que o mundo pida e  chore polas vítimas. 

O Estreito de Trump -ata o de agora de Ormuz- é un referente, coa desculpa de que Irán pode dispor de armas nucleares, unha xustificación xa empregada en Iraq polos EUA. E ven de lle servir a Israel para que o seu exército, convertido nunha armada pirata desembarcara o venres nas costas de Grecia a 168 integrantes da frotiña internacional que, doutra volta, tenta levar axuda á poboación de Gaza. 

Entre estes trasladados a Grfecua non figuran un hispano-palestinom e unn brasileirfto acusados de seren sospeitosos de afiliación a organización terrorista, o primeiro, e de desenvolver actividade ilegal, o segundo. Ambos os dous serán trasladados por mar a territorio israelí para seren interrogados. 

Fracturas diversas, hematomas e outros vestixios notábeis falan nidiamente de malos tratos, algo que o goberno israelí pasa por alto ostensiblemente, malia saber que 34 dos detidos precisaron de atención médica.

Ata cando e por que as poboacións que integran o Oriente Medio teñen que se ver sometidas ao poder conxunto de dous países convertidos en xendarmes interesados no ser ou non ser desas terras que non son súas?.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.