O Concello de Rianxo mellorará ampliará o abastecemento de auga en Taragoña e Araño grazas aos fondos POS+ da Deputación

31 Maio 2026

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou a semana pasada o plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2026.

Coa súa aprobación os nosos municipios obterán fondos para levar a cabo proxectos de relevancia, moitos deles centrados nas parroquias e na mellora dos servizos para a veciñanza. No caso de Rianxo, o Concello contará co financiamento necesario para desenvolver dúas importantes actuacións no municipio:

-Ampliación da rede municipal de abastecemento de auga dende Ourolo ata a Burata, na parroquia de Taragoña, a través da AC-305 – 181.427,40 €

-Ampliación da rede municipal de abastecemento de auga dende Pousada ata Os Xens, na parroquia de Araño, a través da AC-305 – 185.747,10€.

“Estas dúas obras aumentarán de xeito notábel a porcentaxe de cobertura de rede municipal de abastecemento de auga, particularmente en zonas nas que nos último veráns se veñen rexistrando episodios de falta de auga nas traídas veciñais”, explicou o alcalde Julián Bustelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...