Manuel Losada gaña o VII Concurso Literario Letras Galegas 2026 mentres espera unha operación de columna

12 Maio 2026

O escritor afincado en Boiro, Manuel Losada, coñecido publicamente como “O Stephen King da Arousa”, foi proclamado gañador do VII Concurso Literario Letras Galegas 2026, organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, grazas ao seu relato en galego Non pido perdón.

O autor recollerá o galardón este venres 15 a partir das 18.00 horas no Centro Comercial Arousa.

Este novo recoñecemento chega nun momento especialmente delicado para o escritor, que actualmente atravesa un grave problema de columna e permanece á espera dunha intervención cirúrxica. O recoñecemento tamén pon de manifesto a fortaleza persoal e creativa do autor afincando no Barbanza, xa que apenas unhas semanas despois de publicar dúas novelas e un poemario, Losada logra un novo éxito literario que se suma xa aos oito premios obtidos ao longo da súa carreira.

Pesar á dor física, Manuel Losada continúa plenamente activo no ámbito literario e afronta esta nova etapa “coa escritura como principal refuxio emocional”, sinala o propio escritor

Moi emocionado tras coñecerse o fallo do xurado, Losada asegura: “A dor moitas veces é insoportable, pero o meu verdadeiro alivio non nace da morfina, nace da escritura”.

Considerado unha das voces máis persoais do misterio e o suspense galego actual, Manuel Losada continúa consolidando unha traxectoria marcada por unha intensa produción literaria e unha identidade propia dentro do panorama cultural galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...