José Luis Calo (UCIN Galicia) di que a AG-11 atópase nunha situación de “abandono”

30 Maio 2026

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, realizou unha visita institucional á localidade de Boiro acompañado por Miguel Piqueras, coordinador de UCIN Boiro, durante a cal percorreron distintos puntos da AG-11 (Autovía do Barbanza) co obxectivo de comprobar sobre o terreo o estado da infraestrutura. Tras a inspección realizada, ambos responsábeis manifestaron a súa preocupación “pola situación que presenta a autovía”, denunciando o que consideran “unha evidente falta de mantemento, conservación e investimento por parte da Xunta de Galicia nunha infraestrutura fundamental para a mobilidade dos veciños do Barbanza”.

Segundo José Luis Calo, “a AG-11 é unha vía estratéxica para miles de usuarios cada día e resulta incomprensíbel que a Xunta permita que unha infraestrutura destas características presente sinais de abandono e unha evidente falta de atención en aspectos relacionados coa conservación e a seguridade viaria”.

Pola súa banda, Miguel Piqueras destacou que “os veciños da comarca levan anos reclamando unha maior atención ás infraestruturas públicas e un mantemento acorde coa importancia que ten esta autovía para o desenvolvemento económico, social e turístico do Barbanza”.

“O señor Rueda non pode seguir vendendo unha Galicia de grandes investimentos mentres existen autovías autonómicas que sofren unha evidente falta de conservación. Antes de anunciar novos proxectos, debería preocuparse de garantir que as infraestruturas xa construídas se atopan en condicións óptimas para os cidadáns”, engadiu o coordinador de UCIN Galicia, apuntando que “a seguridade viaria debe ser unha prioridade permanente e non unha cuestión secundaria dependente de actuacións ocasionais”.

UCIN Galicia reclama unha auditoría técnica completa da AG-11 para avaliar o estado real da infraestrutura e establecer un calendario urxente de actuacións que permita “reforzar a seguridade viaria, mellorar a conservación da vía, renovar elementos deteriorados e garantir un mantemento adecuado e continuado”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.