“Iniciado o tralado ao hospital Gómez Ulla de Madrid dos españois pasaxeiros do Hondeus”. Antón Luaces

10 Maio 2026

Os catorce cidadáns españois -entre os que se atopa o ornitólogo galego veciño de Cariño, Ricardo Hevia- foron os primeiros en desembarcar na mañá deste domingo do buque neerlandés “M/V Hondius” para dar comezo á corentena á que se sobmeterán no marco da jntervención deseñada para controlar a crise sanitaria desatada polo hantavirus a bordo do citado barco. Este chegou na mencida á costa de Tenerife para fondear fronte ao porto de Granadilla. Tódolos pasaxeiros foron equipados con tapabocas e os equipos necesarios para os impermeabilizar ao presumíbel contaxio polo devandito virus. 

En lanchas “burbulla”, os viaxeiros foron trasladados a terra, onde, por medio de vehículos militares, seren  dujn total de 23 nacikonalidades   conducidos á aeronave que os levou ao hospital militar Gómez Ulla, de Madrid.

No buque viaxan 151 persoas entre pasaxeiros e tripulantes dun total de 23 nacionalidades, e catro membros da Organización Mundial da Saúde e do Centro Europeo para o Control de Enfermidades.

Aínda que os virólogos e especialistas neste tipo de epidemias reducen a capacidade do hantavirus de chegar a estender pandemias (que, segundo Santiago Abascal, de VOX, son culpa de Pedro Sánchez, presidente do Goberno) as consecuencias deste virus afectan anímicamente a moitas persoas, especialmente en Canarias, onde a actitude das autoridades autonómicas semella non ter contribuido a tranquilizar á cidadanía que, nestes momentos,. baralla os pros e os contras de que o buque se subministre de combustible no porto local entendendo que sde abren novas posibilidades de contaminación, cousa que desbotan os responsábeis médicos.

Resulta comprensible o medo, non así que este se espalle por intereses políticos partidistas que non xustifican os interesados nos  réditos que de tal espallamento poden acadar. Porque, ao fin e ao cabo, as medidas adoptadas polo Goberno están amparadas pola OMS.

No que atinxe á posíbel aplicación de medidas, Benxamín Sande, xefe de máquinas xubilado, comenta para este xornal que, amàis de encarcerar “a tódolos políticos españois” procederìa “a facer exactamente todo o que a OMS indique e que o mundo e o goberno cumpran”. En terceiro lugar “atracaría o barco, instalaría no peirao cabinas dotadas de raios infrarroxos, facendo pasar por elas ás persoas e enseres que saísen do barco” e mandaría “a cada quen ao seu país para que pasen a corentena” e “fumigaría o barco con desinfectante guindado desde helicópteros”. O mariño galego asegura que manteria así o buque ata pasado un mes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...