“Hai cativos gazatís que durmen entre ratas e non se escoitan os seus laios” – Antón Luaces

16 Maio 2026

Mentres Lamin Yamal erguía ao vento unha bandeira palestina após gañar a Copa do Rei de fútbol en España, cadrando coa discusión en torno a se hai ou non hai ratos nadadores, Gaza é un foco de enfermidades que, unha outra vez, denuncia a organización mundial “Save the Children”. 

En Gaza estanse disparando as infeccións estomacais, a diarrea, a pneumonía e outras enfermidades que afectan especialmente aos nenos pequenos e a quen padecen desnutricionamento. Para eles no hai EPIS. Tampouco hospitais, bombardeados de xeito inmisericorde polo exército israelí os poucos que quedaban en pé no territorio vai dous anos.

As pragas de ratas, ratos e insectos espállanse polos campos de desprazados onde tentan convivir preto dun millón e medio de persoas que viron os seus fogares convertidos en ruínas. Case que 700.000 rapaces entre eles. En máis do 80% destes acampamentos xa se detectan acotío pragas de roedores e ningún exército do mundo vai en axuda dos refuxiados. Os acampamentos tampouco son cruceiros de luxo.

Os sistemas de auga, saneamento e saúde destruídos após máis de dous anos de guerra infernal e ataques indiscriminados, as choivas, a calor e o lixo acumulado están a converter Gaza nun foco de enfermidades. 

As familias percuran protexerse como poden, que é ben pouco; máis o bloqueo á axuda humanitaria e bens esenciais impide mesmo o acceso aos pesticidas.

A escaseza de alimentos frescos e auga tampouco axudan á recuperación dos que están enfermando. O plan de “alto o fogo” está fallando porque isto non é paz para os nenos. Trump e Netanyahu están máis preocupados por outras cuestións. Sempre morren baixo as bombas os máis desvalidos. O Ministerio de Defensa de Israel anunciou a compra de dous novos escuadróns de avións de combate F-35 e F-15IA ás compañías estadounidenses Lockheed Martin e Boeing, respectivamente. Co prezo a pagar por esta adquisición, podería alimentarse a toda a poboación gazatí desprazada. Pero non da votos. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.