Este domingo celébrase en Boiro a II Andaina Peñeira a prol de BarbanTEA

28 Maio 2026

Este domingo 31 de maio vaise celebrar en Boiro a 2ª edición da Andaina Solidaria Peñeira en beneficio da asociación BarbanTEA, entidade do Barbanza centrada na inclusión e o benestar das persoas con espectro autista. A saída será ás 10.00 horas dende a praza de Galicia. O percorrido está organizado por Peñas Boiro AC e o Concello de Boiro.

Como dixemos, a andaina terá saída ás 10.00 horas da praza de Galicia e contará con dous percorridos distintos, un longo de 10 quilómetros e un máis curto de 5,5 quilómetros pensado para persoas que acoden con nenos pequenos ou carriños.

A inscrición ten un custe de 7 euros que serán doados integramente á asociación BarbanTEA gracias a todos os colaboradores que financian a andaina.

Nos dous percorridos haberá puntos de avituallamento e ao remate, haberá animación musical na rúa peonil. As inscricións para participar están abertas e poden facerse en liña ou de xeito presencial na mesa que Peñas Boiro AC instalará na rúa peonil os días 20, 21, 27 e 28 de maio. Ademais haberá fila 0 para todas aquelas persoas que non poidan asistir pero queiran facer a súa doazón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.