“En bicicleta ao reino dos bos e xenerosos: descansa en paz, Fernando” – Antón Luaces

03 Maio 2026

Coñecín a Fernando  Cabeza Quiles no benquerido Bergantiños. Ambos os dous compartiamos sentimentos de gratitude e agarimo por Ribeira e Carballo ou, o que vén ser o mesmo, as comarcas do Barbanza e de Bergantiños.

Compartiamos tamén amor engaiolante pola bicicleta: Fernando pola de cambios (eu dicíalle a de carreiras) e eu, porque a cuestión económica non daba para máis, na bicicleta tradicional, pesada coma o demo e pouco amiga das costas arriba ou abaixo.

O traballo levounos ao encontro e, polo encontro en Carballo, á amizade. Esta continuará mentres eu viva porque Fernando Cabeza Quiles xa fixo a súa derradeira “volta” ciclista o venres en Vivente-Ardaña (Carballo) cabo A Ponte Rosende, na estrada a Santiago que tantas veces percorrera o profesor, deportista e escritor, ensaísta e filólogo. Deixounos aos 73 anos, cun enorme labor desenvolvido sobre a toponimia de Galicia. 

Ás cinco desta tarde e na intimidade familiar, unha misa e posterior cremación serán a triste e dura despedida deste galego inmenso nado en 1953 en Ponferrada, dez anos dempois ca min. Sempre que o lembro, vexo a Fernando a bordo dunha bicicleta ou cun libro na man. Será a imaxe que perdure deste galego-leonés que tanto fixo pola terra e a xente de Galicia.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.