“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

12 Maio 2026

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual?

Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando cara a outro lado e culpabilizando ás mulleres.

Na maioría das ocasións son as mulleres as protagonistas das súas propias historias de dor, explotación e sufrimento. Culpa das tradicións e costumes dunha cultura machista e patriarcal: únicos valores transmitidos e aprendidos dos que tratan de fuxir pero dos que son claras vítimas.

Foi vítima de violencia de xénero. Hoxe é unha muller comprometida con outros grupos de mulleres aos que axuda para que non caian nese inferno. A familia deixouna de lado por non saber, nin querer, aguantar máis humillacións e violencia. No pobo, demasiadas mulleres, de avanzada idade, déronlle as costas e crena culpable de querer librarse do seu maltratador.

Criouse nunha familia desestruturada, como un membro marxinado e falto de agarimo. Actualmente exerce a prostitución, nas proximidades dun polígono industrial da capital. Estaba cansada de percorrer centros de acollida, albergues e comedores sociais. O seu futuro é o presente e a súa única relixión é a supervivencia, nunha sociedade hipócrita e de falsas aparencias.

Creu chegar ao país das oportunidades pero aterrou como equipaxe dunha rede de trata de persoas e explotación sexual. A base de extorsións, intimidacións e ameaza a familiares, malviviu varios anos exercendo a prostitución, de maneira forzada. A súa vida apenas ten valor, só para os proxenetas e os consumidores do sexo de pago.

Outros artigos

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

“Un acto de covardía, para derrubar ao Goberno” – Antón Luaces

En España, o poder lexislativo corresponde ás Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados é o encargado de crear, modificar e derrogar as leis, amais de controlar  e fiscalizar a acción de goberno. Debate, elabora e aproba as leis que rexen a sociedade e actúa como a voz...

+

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...