A Xunta di que o BNG xera “confusión” coa residencia de maiores de Ribeira e desbota As Saíñas por risco de inundación

04 Maio 2026

O posicionamento político sobre a futura residencia de maiores en Ribeira volve xerar debate tras as críticas ao BNG, ao que a Xunta acusa de “xerar confusión” arredor da localización do proxecto.

Dende a Xunta lembran que “o Ministerio de Transición Ecolóxica lanzou unha consulta pública previa sobre a actualización da normativa de zonas inundábeis tras o desastre da DINA en Valencia” e que “coa súa entrada en vigor, a zona das Saíñas, na que se prevía construír a residencia de maiores, sería catalogada como área en risco de asolagamento”.

Engaden que a actualización da normativa sobre zonas inundábeis marcada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica trala DINA “podería afectar a áreas como As Saíñas, onde inicialmente estaba prevista a construción do centro”.

Deste xeito, o Goberno autonómico advirte que “unha vez entre en vigor a nova normativa, esta zona podería ser considerada de risco de inundación, o que impediría levantar nela unha infraestrutura destinada a persoas maiores e dependentes”. Por este motivo, considérase que “non sería viábel iniciar a construción nun emprazamento que poida supoñer un perigo futuro”.

Así mesmo, sinálase que tanto a Xunta como o Concello estarían xa avanzando nos trámites para situar a residencia noutra parcela alternativa cedida polo Consistorio, tamén en Ribeira. “Esta nova localización ofrecería mellores condicións técnicas e unha maior proximidade ao núcleo urbano e aos servizos básicos”, sinala a Xunta.

O debate sobre o emprazamento da futura residencia continúa así aberto, cunha discusión centrada na seguridade, a planificación urbanística e a adecuación dos espazos dispoñíbeis.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.