Carreira vivirá as festas da Virxe da Guía do 23 ao 25 de maio

19 Maio 2026

A parroquia ribeirense de Carreira festexará a Virxe da Guía cunha completa axenda que vai do 23 ao 25 de maio, con forte presenza da música tal e como desvelaron o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, xunto a representantes da comisión de festas: a presidenta, Astrid Dios; a secretaria, María Grela; a tesoureira, Cristina Sobrido; e as vogais, Sabela Grela, Paula Sobrido e Enara Vidal.

“Estamos a piques de dar a benvida ao verán e, con esta época, ás numerosas festas que animarán o noso municipio. Desta vez, desfrutaremos dunha celebración emblemática como é A Guía, en Carreira. Quero agradecer o traballo altruísta que fan dende as comisións de festas por dinamizar os distintos lugares de Ribeira e manter vivo ese espírito de comunidade. Dende o Concello estaremos sempre ao seu carón colaborando en todo canto precisen”, indicou o edil.

No sábado 23, Día dedicado a pedir pola Paz, haberá novena, misa e procesión. Xa pola noite, o ritmo virá marcado por Platinum e Planet Discomóvil.

Os oficios relixiosos iniciarán a xornada do domingo 24, a partir das 10.30 horas, para despois desfrutar da sesión vermú con Dúo Rumbo Norte e bailar ao final do día coa verbena a cargo de Unión y Fuerza. E xa no luns 25, Festa da Nosa Señora da Guía, haberá numerosos oficios, sendo a misa solemne e procesión ás 13.00 horas. O broche de ouro virá coa música da man da orquestra Marbella.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.