A Pobra presenta a programación local de viaxes ás Illas Atlánticas

28 Maio 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste xoves 28 de maio a nova programación municipal de viaxes ás Illas Atlánticas de Galicia, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Turismo en colaboración coa navieira Piratas de Nabia e que permitirá realizar saídas ás illas Cíes, Ons e Sálvora ao longo dos vindeiros meses.

Na rolda cos medios participaron a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos; a técnica municipal de Turismo, Ángeles Tubío; e a directora da navieira Piratas de Nabia, Susi Acuña; quen deron a coñecer os detalles das rutas, horarios, prezos e novidades desta edición.

A axenda inclúe saídas ás illas Cíes os días 28 de xuño e 6 de setembro; á illa de Ons o 26 de xullo e o 23 de agosto; e á illa de Sálvora o 19 de xullo. Ademais, como novidade, este verán levarase a cabo a experiencia Starlight na Illa de Sálvora, unha actividade nocturna de observación astronómica prevista para o 8 de agosto.

As rutas realizaranse con saída dende o porto da Pobra do Caramiñal e inclúen transporte marítimo e visitas guiadas, permitindo achegar á veciñanza e ás persoas visitantes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Dende o Concello destacaron a importancia de seguir apostando por “iniciativas vinculadas ao turismo sostíbel, a divulgación do patrimonio natural e a promoción da Pobra como punto de partida para descubrir as Illas Atlánticas”.

As reservas poden realizarse a través da páxina web de Piratas de Nabia.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.