Venres estable nas Rías Baixas e Santiago con subida das temperaturas

09 Abril 2026

As Rías Baixas e Santiago de Compostela vivirán este venres 10 de abril unha xornada marcada pola estabilidade, con ceos maioritariamente despexados e un ascenso das temperaturas máximas.

O día comezará con presenza de néboas en zonas do interior, que poderían afectar a primeira hora á contorna compostelá, aínda que irán disipándose rapidamente para dar paso a unha situación de ceos pouco nubosos ou despexados en xeral. No litoral das Rías Baixas non se agardan incidencias destacadas, máis alá dalgunhas brétemas puntuais en áreas costeiras do norte galego.

Durante a tarde, o tempo manterase estable tanto en Santiago como no conxunto das Rías Baixas, sen previsión de precipitacións e cun ambiente seco e agradable.

No apartado térmico, as temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas subirán de forma apreciable, deixando unha sensación máis primaveral especialmente durante as horas centrais do día.(máximas entre 24 a 28 graos)

O vento soprará frouxo do leste-nordés, sen grandes incidencias, o que contribuirá a manter a estabilidade atmosférica ao longo da xornada.

meteogalicia

O noso mar; vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

Siempre hubo casos de nepotismo en las administraciones públicas, pero nunca comoahora. La Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO) atestiguó que la tramaKoldo colocó en empresas públicas a parejas, amantes, amigas y asesores de un ministrodel Gobierno y hay...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.