UCIN di que a Atención Primaria de Galicia está en fase de “colapso”

27 Abril 2026
José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia

A coordinadora de UCIN Galicia, encabezada por José Luis Calo, emitiu un comunicado este luns 27 de abril relacionado coa Atención Primaria en Galicia. Sinalan que esta atópase nunha situación “crítica e insostíbel” , e máis tras coñecerse os datos do informe do Consello de Contas de Galicia, que constata, apuntan, “un deterioro estrutural do sistema sanitario”. Desde UCIN Galicia responsabilizan ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e ao Partido Popular de Galicia de “levar a sanidade pública galega a unha situación límite”. E engaden: “Non estamos ante un problema puntual nin conxuntural. Estamos ante un abandono planificado da Atención Primaria por parte do Goberno galego, que leva anos recortando recursos e mirando cara outro lado mentres a situación empeora”.

UCIN Galicia di que o informe do Consello de Contas achega “cifras demoledoras” e nel, explican, “dise que Galicia destina arredor dun 12% do gasto sanitario á Atención Primaria, moi lonxe do 25% recomendado por organismos internacionais, e preto dun 28% das prazas están vacantes, o que evidencia a falta estrutural de profesionais”. Ademais, denuncian que “existen arredor de 120 concellos sen pediatra propio”, e que “os tempos de espera para conseguir cita superan en moitos casos as 48 horas, incumprindo os estándares recomendados”.

A formación lembra tamén que “o envellecemento da poboación agrava a situación, cun incremento significativo das persoas maiores e dos pacientes crónicos, o que eleva a presión asistencial sen que se produza un reforzo proporcional do sistema. Mentres a realidade é que faltan médicos e pediatras, o Goberno galego segue vendendo unha sanidade ficticia que non existe para miles de galegos e galegas”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.