“Turquía” – Xulio Xiz

01 Abril 2026

Cincuenta e catro lucenses pensabamos viaxar por Turquía ao remate de abril, pero non contabamos coas ocorrencias mortais do caudillo americano, que ven de poñer ao mundo patas arriba, atacándonos a todos na bolsa e na vida.

Froito da inmersión informativa nesta guerra, a moitos dos futuros viaxeiros preocupounos seriamente a situación, e na primeira reunión que tivemos votouse sobre a viaxe, gañando pola mínima os que nos retirabamos, a pesar de que a axencia organizadora, o maiorista e a aseguradora afirmaban que non había problemas previsibles, e que Turquía, en principio, non estaba en zona de perigo. Posiblemente porque a idade me estea volvendo timorato, con Trump polo medio, todo o mundo resulta zona de perigo. E non me tranquiliza o feito de que fosen derribados os tres mísiles que sobrevoaron Turquía, nin a presunción de que as forzas atacantes controlan unha situación incontrolable.

A organización da viaxe vainos sancionar por darnos de baixa algo máis de mil horas antes do comezo do periplo, como no seu momento outra axencia non me abonou nin un euro ao ter que suspender a viaxe o día antes, atacado pola Covid19.

Nesta ocasión, unha compañeira que non viaxará, con acreditada formación legal, formulou reclamacións no nome dos afectados, que foron inicialmente desestimadas. Moi posiblemente a Axencia, o maiorista e o Seguro, teñan razón, e non pasará nada a quen viaxe, pero hai que ter en conta que neste conflito eles só arriscan unha présa de euros, mentres ca nós, ademais deses mesmos cartos, poñeriamos en xogo a nosa tranquilidade, cando non a seguridade, ben escaso que neste mundo e neste tempo case é unha utopía.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.