Rías Baixas e Santiago, con nubes e chuvascos e lixeiro descenso das temperaturas

07 Abril 2026

O mércores, as baixas presións iranse desprazando cara ao suroeste de Lisboa, aínda baixo a influencia en Galicia. Na zona de Santiago e nas Rías Baixas agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos, máis probables no interior e no sur da comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso(18 a 20 graos), mentres que o vento soprará do norte-nordés, frouxo en xeral e moderado no litoral.

meteogalicia

O Noso mar: vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 2.5 a 3 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.