Preto de 400 voluntarios reúnense en Santiago no XVII Encontro de Cáritas para abordar os retos sociais en Galicia

11 Abril 2026

Preto de 400 persoas voluntarias das Cáritas diocesanas de Galicia, entre eles mebros da comarca, déronse cita este sábado en Santiago de Compostela para participar no XVII Encontro do Voluntariado, unha xornada centrada na análise dos principais retos sociais da comunidade.

O encontro, celebrado no colexio La Salle e organizado polas Cáritas galegas, desenvolveuse baixo o lema “O Informe FOESSA: retos para o voluntariado”, converténdose nun espazo de reflexión, convivencia e intercambio de experiencias arredor da realidade social de Galicia.

Un dos momentos clave da xornada foi a intervención de Juan Antonio Garrido, quen ofreceu unha análise global do Informe FOESSA, un estudo de referencia sobre os procesos de exclusión e vulnerabilidade. A súa exposición permitiu trazar unha “fotografía social” da comunidade e poñer o foco nos principais desafíos que afectan a milleiros de familias.

Segundo os datos do informe FOESSA 2025, a vivenda consolídase como un dos factores máis determinantes da exclusión social en Galicia. Un de cada catro fogares presenta dificultades relacionadas co acceso ou mantemento da vivenda, mentres que máis de 78.000 soportan un esforzo económico excesivo que os sitúa en risco de pobreza severa. Ademais, arredor de 160.000 persoas viven en situación de inseguridade residencial e preto de 170.000 en condicións inadecuadas.

A xornada estruturouse en catro mesas de diálogo centradas en ámbitos clave como vivenda, emprego, rendas mínimas e familia. No ámbito laboral, destacouse o papel dos programas de inserción sociolaboral de Cáritas, que permiten acompañar cada ano a máis de 5.100 persoas, formar a máis de 4.000 e facilitar o acceso ao emprego a máis dun milleiro.

Tamén se abordou a importancia da protección social e da intervención directa da entidade, que atende a máis de 25.000 persoas en Galicia a través de programas de acollida, ademais de desenvolver accións específicas con persoas sen fogar, maiores, migrantes ou mulleres.

O encontro puxo en valor o papel fundamental do voluntariado, base da acción de Cáritas en Galicia, onde máis de 4.500 persoas colaboran a través dunha ampla rede composta por cinco Cáritas diocesanas e 468 Cáritas parroquiais, con presenza en 141 concellos e 571 puntos de atención.

A xornada concluíu cunha eucaristía na Catedral de Santiago, como símbolo do compromiso compartido e da dimensión comunitaria dunha labor centrada no acompañamento ás persoas máis vulnerables.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.