“Os pícaros escritores” – Xulio Xiz

28 Abril 2026

En 1980, o Colexio de Foz, que dirixía Luís Cordeiro, publicou os libros Os pícaros escritores e Picaraxadas, con traballos de alumnos que, por certo, se distinguían nos certames aos que concorrían. Compre dicir, coñecendo o significado da palabra “pícaro”, que alomenos da Terra Chá para arriba os pícaros son os nenos.

A clase política de Lugo anda alterada por ter estoupado o pote que cocía o caldo local, e nos medios que acollen colaboracións, tirios e troyanos esgrimiron as súas armas en apoio das respectivas posturas, por se alguén non tivera tomado postura previa.

Se lembro Os pícaros escritores e Picaraxadas (pura travesura da memoria) pode parecer que coido que os que escriben son como nenos que din as súas verdades, sen importar que algún pícaro se infiltre na marea. Pero estamos a falar dunha case innomeable moción de censura, contemplada na lexislación vixente, que é lóxico que se atragante aos afectados.

Xa que os votantes somos importantes unha vez cada catro anos, e sen ter en conta o de Clinton a Bush sobre o maior interese dos votantes (“É a economía, estúpido”), eu coido que a inmensa maioría, cando chega a hora, votamos máis co corazón ca coa cabeza, mentres os resultados se miden coa aritmética. Queirámolo ou non, aritmética básica, oito e cinco suman trece, o mesmo que trece suman doce máis un.

Non se traizoa o voto dos lucenses… Non votamos unha cifra. Votamos co corazón, ás veces como arroutada. E por veces non nos vemos exactamente reflectidos no resultado aritmético. Os pícaros escriben. Nós, lemos e – Celso Emilio dixit – tomamos o sol, e agardamos; a velas vir.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.