“O hórreo, de patrimonio familiar a Patrimonio Cultural Inmaterial”. Antón Luaces

02 Abril 2026

O que sempre foi para nós, os galegos, un patrimonio familiar, vai ser recoñecido polo Consello de Ministros do vindeiro día 7 de abril como Patrimonio Cultural Inmaterial (ou intanxible), consecuencia das prácticas, saberes, expresións e técnicas vivas transmitidas de xeración en xeración que cualifican a unha comunidade ao través da súa identidade. Falo dos hórreos, pezas fundamentais do ser rural galego como o é de Asturias, León, Cantabria e Euskadi. Para o Ministerio de Cultura, o noso humilde (ás veces non tanto, porque formaron parte dun patrimonio evidente de familias poderosas, coma o hórreo de Carnota) hórreo xogou un papel “esencial” na vjda das aldeas e pobos galegos desempeñado na súa condición de marcadores culturais e expresións de identidade colectiva, vencelladas a prácticas sociais, saberes transmitidos, memorias compartidas e representacións.

O noroeste de España, nomeadamente Galicia, teñen no hórreo unha das súas construcións máis características e numerosas. Estruturas elevadas, eran deseñadas coa fin específica de serviren para almacenar e secar colleitas (a de millo, unha das máis características) protexéndoas da humidade e dos roedores (dispoñen de rateiras (tornarratos), elementos fundamentais que impiden que os ratos accedan ao seu interior).

Calcúlase que en Galicia hai uns 30.000 hórreos construidos en pedra e/ou madeira. En Asturias hai aproximadamente outros tantos, e tamén exjsten en Euskadi, norte de León e de Portugal, se ben se especula coa posibilidade de que a súa orixe sexa xermánica ou prehistórica. O certo é que a súa expansión e mesmo forma actual teñan relación coa produción de millo a partires do século XVIII, cando este cereal comezou a colleitarse aquí.

O de San Sadurniño está datado coma un dos hórreos máis antigos de Galicia: século XV. Atópase na parroquia de Nebra e a súa estrutura é de madeira e pedra e suponse unha influencia da arquitectura prerrománica.

A decisión do Consello de Ministros vai ser, ben seguro, a pedra de toque que impida que os hórreos sexan destruidos, roubados, vendidos ou modificados a antollo, algo que se produce, lamentablemente, con moita frecuencia na comunidade galega.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.