O BNG pide “prazos claros” e “celeridade” para rematar a humanización da AC-305

13 Abril 2026

O Bloque Nacionalista Galego, recollendo as demandas da veciñanza de Palmeira, defenderá a vindeira semana unha iniciativa no Parlamento galego para que a Xunta axilice ao máximo posíbel a adxudicación da obra da AC-305 a unha nova empresa e informe con claridade dos prazos que manexa para a súa finalización. 

A deputada Rosana Pérez, o ex-alcalde e portavoz Luís Pérez e as concelleiras Veva Betanzos e Antía Alberte detallaron que a actuación, iniciada en marzo de 2025 pola Consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas cun investimento de máis de 2,5 millóns de euros, “leva máis dun mes paralizada logo dunha ralentización sen que se coñezan os motivos reais, algo que ocasiona molestias e malestar na veciñanza que se despraza pola parroquia ou vai a Ribeira e á Pobra do Caramiñal”, sinalaron, insistindo en que non é aceptábel que “despois dun mes coa obra parada, a Xunta continúe sen ofrecer explicacións claras nin solucións concretas nin prazos de reinicio da obra e de finalización, mentres a veciñanza segue sufrindo as consecuencias das restricións de tráfico e das molestias derivadas dunha actuación inacabada”.

A deputada do BNG, Rosana Pérez, subliñou que “é necesario que a Xunta dea explicacións claras sobre os motivos polos que a obra leva parada xa un mes e que detalle que xestións vai facer para retomala canto antes”.

Neste sentido, reclamou tamén “coñecer que prazos está a manexar a Administración tanto para reiniciar os traballos como para finalizar toda a actuación”.

Pérez advertiu de que “moito nos tememos que esta situación se prolongue no tempo, o que sería especialmente grave de cara aos meses de verán, cando aumenta de xeito considerábel a poboación e a chegada de turistas, podendo xerar problemas importantes de mobilidade e seguridade xa que se producen constantes retencións e os valados de obra provocan un estreitamento dos carrís que pode ocasionar dificultades de paso cando hai camións e autobuses”.

Pola súa parte, o ex-alcalde e portavoz en Ribeira, Luís Pérez Barral, puxo o foco nas consecuencias económicas desta paralización: “Non só estamos ante un problema de tráfico entre Palmeira, Ribeira e A Pobra do Caramiñal, senón tamén ante un dano económico evidente para os moitos negocios da parroquia: tendas, bares, panadarías, perruquerías, farmacia e outros establecementos que ven afectada a súa actividade diaria”.

Ademais Barral sinalou que “se están xerando problemas de accesibilidade xa que hai un bo treito que está sen beirarrúas tendo tan só terra que se converte nunha lameira os días de choiva e ocasionando poeira os días de sol”.

Barral reclamou “celeridade e responsabilidade á Xunta para retomar as obras de inmediato” e esixiu “prazos concretos e compromisos firmes sobre cando se vai finalizar esta actuación, que é fundamental para a parroquia de Palmeira”.

O BNG insiste en que” esta intervención debe completarse en tempo e forma, garantindo unha mellora real da calidade de vida da veciñanza e evitando que unha obra necesaria acabe converténdose nun problema prolongado no tempo”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.