Martes 14, tempo variable ao longo do día

13 Abril 2026

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día.

Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance da tarde, estas precipitacións tenderán a remitir, abríndose progresivamente claros.

No apartado térmico, as temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, deixando un ambiente máis suave en comparación con xornadas anteriores. (máximas de 17 a 19 graos).

En canto ao vento, soprará frouxo de compoñente oeste en xeral, con intervalos moderados no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 2 a 4 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.