Luns 6, aumento da inestabilidade e posibilidade de treboadas polo serán

05 Abril 2026

A xornada do luns de Pascua, estará marcada pola aproximación de baixas presións atlánticas, que introducirán aire frío en altura e favorecerán un incremento da inestabilidade atmosférica.

Durante a mañá, os ceos presentaranse bastante abertos, con presenza de nubes medias e altas. Co avance das horas, medrarán as nubes de evolución, que poderán deixar chuvascos localmente treboentos nas últimas horas da tarde, especialmente no interior e no oeste da comunidade.

No apartado térmico, as temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, máis acusado na metade norte, situándose en valores elevados para esta época do ano.

En canto ao vento, soprará de compoñente sur con intensidade moderada, con intervalos fortes durante a tarde na fachada atlántica.

meteogalicia

O noso mar: vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 5 a 7 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...