Louro acolleu un novo Café Feminista no marco do 8M

16 Abril 2026

O pasado sábado 11 de abril o Concello de Muros celebrou un novo Café Feminista no Centro Social de Louro.

O evento, que pechou a programación municipal polo 8M, foi inaugurado por Laura Rivadeneira, concelleira de Participación Cidadá e Relacións Veciñais.

Esta actividade, dirixida pola psicóloga Áurea Brea, desenvolveuse en dúas partes: primeiro unha primeira parte teórica, na que se abordaron conceptos clave e se reflexionou sobre emocións, actitudes e comportamentos que moitas veces pasan desapercibidos; e logo unha segunda parte máis dinámica, con xogos de roles que permitiron analizar diferentes situacións e comprender como unha mesma realidade pode ser percibida de distintas maneiras.

O Concello agradeceu a implicación e participación de todas as persoas asistentes.

Maruxa Martínez, concelleira de Muller e Igualdade, destacou que “este xa é o terceiro Café Feminista que organizamos dende a Concellería, e imos seguir traballando nesta liña, xa que son actividades moi enriquecedoras que están a contar cunha gran acollida por parte das nosas veciñas e veciños”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.