“É o que hai, e punto”. Antón Luaces

15 Abril 2026

 De feito o bloqueo naval de Estados Unidos de América ao estreito de Ormuz non tivo, ata o de agora, maiores consecuencias que as propias dun paiaso da “tele” que pregunta “Como están vostedes?” e a conseguinte resposta da rapazada: “Been!”. Porque o acontecido desta volta n as formulacións guerreiras de míster Trump non foi outra cousa que desenlear a madeixa de lá da que a nosa nai tecería unha rebeca ou un xersei. 

Donald Trump O Tecedor I de USA caeu na súa propia trapela acadando a maior gargallada mundial ca un presidente norteamericano arrincara nunca dun público expectante que, autorrectificándose unha outra vez, gañou unha sonora resposta do pontífice de Roma, León XIV, que prometeu non calar diante das provocacións causantes pola inestabilidade mental ou así de quen vai uns meses, chegou a considerarse deus porque as súas tropas secuestraran ao presidente de Venezuela. 

Donald Trump, ao meu criterio -que pode ser errado- non é o presidente que merece a nación norteamericana na que tantos galegos traballaron e aínda traballan. Dun deus que sanda a todo quisque, pasou a ser ese “traballador” socorrista que, finalmente, arelaba ser (segundo el mesmo dixo). 

Craso erro para os 80 millóns de votantes que confiaron nas últimas eleccións na súa candidatura á presidencia do país “máis poderoso da terra” (con permiso de China, Rusia e a antiga Persia). O ridículo trumpista xustifica por sí mesmo que bo número de congresistas norteamericanos apoien a realización de probas médicas que avalíen o estado mental do ególatra descendente en segunda xeración dunha familia europea que actualmente os goberna.

Lembraba na fin de semana o New York Times que, lonxe de colapsar, Irán  amosou unha notábel resiliencja estratéxica, apoiándose en rutas alternativas sabedor de que canto máis se alongue a crise, maior é o desgaste para USA e os seus aliados, tanto en  termos económicos coma políticos.

Talvez Trump aprendera algo dese absurdo bloqueo. Tal vez, sí. Son milleiros de anos de historia dun país.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.