Comeza en Ribeira unha nova campaña con motivo do Día da Nai baixo o lema “Agasalla a mamá”

17 Abril 2026

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) presentou este venres 17 de abril a súa nova Campaña do Día da Nai, que este ano lévase a cabo baixo o lema Agasalla a mamá. Segundo informou o presidente da asociación dende a sede da patronal, Francisco Martínez Gude, a iniciativa desenvolverase do 20 de abril ao 3 de maio e co obxectivo de “fomentar as compras nos establecementos locais e premiar a fidelidade da clientela”. Na presentación tamén participou a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro.

Explicaron que durante este período, por cada compra nos comercios participantes, os clientes poderán optar a gañar un premio de 1.000 euros para gastar nun só día no comercio local participante.

Ademais, o sorteo inclúe dous cheques de compra por Gadis, unha cea para dúas persoas no Restaurante Sisal e un vale de combustíbel en Cepsa.

Martínez Gude agradeceu en nome da AER a implicación na campaña de Hipermercados Gadis, Sisal e Cepsa pola súa colaboración na campaña.

Como complemento, o sábado 2 de maio pola mañá e pola tarde Ribeira acollerá unha actividade especial cun tren infantil que percorrerá as rúas da localidade, ofrecendo paseos para nenos e maiores. Para acceder, será necesario conseguir vales nos comercios participantes a través das compras, ata fin de existencias.

Amais do devandito repartiranse sobre 3.000 tíckets de estacionamento aos comercios participantes para dar coas compras da campaña.

Para participar no sorteo, será preciso rexistrar os tíckets de compra nos códigos QR da cartelería o na páxina web da asociación.

Esta campaña pretende “incentivar o consumo de proximidade e poñer en valor o comercio local nunha data tan sinalada como o Día da Nai”, sinalaron dende a AER.

A iniciativa está co-financiada pola Xunta de Galicia a través de Comercio Galego.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.