As obras da travesía de Palmeira reactivaranse tras o cambio de empresa adxudicataria

09 Abril 2026

A obra de humanización da travesía de Palmeira, promovida pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas, será retomada nos vindeiros días logo de confirmarse a substitución da empresa encargada dos traballos.

Nos últimos días, a veciñanza da parroquia de Palmeira viña amosando a súa preocupación pola paralización das obras, motivada pola ausencia de persoal en varias xornadas. Segundo explicou a alcaldesa, María Sampedro, o Concello trasladou esta situación á administración autonómica, advertindo dos problemas detectados na execución do proxecto.

Tras manter reunións coa Axencia Galega de Infraestruturas e coa Consellería competente, confirmouse que a empresa adxudicataria non pode continuar cos traballos debido a problemas internos de carácter económico. Ante esta situación, acordouse buscar unha solución áxil que permita retomar canto antes unha actuación clave para a zona urbana da parroquia.

Finalmente, as autoridades confirmaron que a obra será asumida por unha nova empresa, estando xa en marcha os trámites administrativos necesarios para formalizar o cambio. O obxectivo é que o novo equipo poida incorporarse “na maior brevidade posible” e reactivar os traballos no terreo.

Desde o goberno local pediron desculpas á veciñanza polas molestias ocasionadas, subliñando que se trata dunha situación allea ás competencias municipais. Ao mesmo tempo, apelaron á paciencia dos residentes e aseguraron que se manterá unha vixilancia constante para garantir que a nova empresa cumpra cos prazos e coas condicións establecidas.

A alcaldesa destacou tamén a súa preocupación ante as queixas recibidas por parte dos veciños e agradeceu a “receptividade” da administración autonómica para buscar unha solución rápida que minimice o impacto dunha obra que afecta directamente ao día a día da cidadanía.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.