A Xunta reafirma o seu respaldo á feira Gastromar como motor do sector pesqueiro en Ribeira

10 Abril 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, confirmou o apoio da Xunta de Galicia á quinta edición da feira Gastromar nun encontro mantido co presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude.

A reunión tivo lugar en Santiago de Compostela este 10 de abril de 2026 e serviu para reafirmar o compromiso do Goberno galego coa promoción dos produtos do mar, que atopan neste tipo de eventos un escaparate privilexiado para destacar a súa calidade.

Durante o encontro, Villaverde salientou a importancia de iniciativas como Gastromar para reforzar a cadea mar-industria e fomentar o consumo de peixe e marisco. Neste sentido, subliñou que a feira tamén contribúe a visibilizar o talento culinario galego, achegando o mar á cidadanía e poñendo en valor o traballo dos profesionais do sector.

A conselleira destacou ademais o papel estratéxico deste evento como punto de encontro entre produtores, hostaleiros e consumidores, incidindo no seu impacto positivo na economía local. Non en balde, lembrou que o porto de baixura de Ribeira está considerado un dos máis importantes de Europa, o que reforza a relevancia dunha cita que continúa medrando edición tras edición.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.