A sonense Leticia Mayán participa este venres 24 no peche das Residencias Mariñán da Deputación

23 Abril 2026

O Pazo de Mariñán, en Bergondo, despide este venres, día 24, unha nova edición das Residencias Artísticas Mariñán, convocadas pola Deputación da Coruña. Será nun acto, ás 11 horas, con participación da deputada de Cultura, Natividade González, e as persoas comisarias e participantes das diferentes residencias.

Entre as participantes estará Leticia Mayán Rodríguez, natural do Porto do Son e residente en Santiago. A súa presenza nas residencias vén dada polo seu proxecto Adochinto, dentro da residencia de creación de contidos socioculturais en redes sociais. Leticia graduouse en Historia pola Universidade de Santiago e vén de rematar un mestrado en Historia Contemporánea. O seu proxecto chámase @adochinto por ser o alcume do seu avó materno. Tivo a súa orixe nun vídeo sobre os Mártires de Cans, segundo relata El Correo Gallego nunha reportaxe recente. Para quen non o saiba, coñécese como os Mártires de Cans ou de Nebra os cinco labregos locais abatidos a tiros por axentes da Garda Civil na ponte de Cans, na parroquia de Nebra (Porto do Son) o 12 de outubro de 1916. Mobilizáranse, movidos pola Liga Agraria de Nebra, contra un imposto que crían inxusto. Leticia supera xa os 10.000 seguidores entre Instagram e TikTok.

Cómpre lembrar que a edición das residencias que agora remata e comezou o pasado 11 de abril, é na que que maior número de proxectos se seleccionaron, pasando dos oito en 2025 aos quince este ano.

Na modalidade de música participan O Xoán Faiado (Xoán Fórneas), Gallaecia Ensemble Barroco (María José Pámpano López, Mario Braña Gómez, Elena Vázquez Ledo, Saúl Puga Amoedo, Roberto Alonso Álvarez e Marta López Fernández), Tránsito (Daniel Pardo Maroño e Carlos Guerrero Bullejos) e PAVA (Lucía Aldao, Diego Delgado, Pablo Silva e David Santos).

Na de literatura, Javier Humberto Rodríguez Alonso, co proxecto Nunca morreramos tan xuntos, e Petra Iglesias Gallego, con Disforia: unha mancha de pel alle’; e na de pensamento Cristina Rodríguez Barrado, con PIM PAM PUM: un entroido!, e Carlos Fernández López, con Curvas e pregos. Escuma ou Crina’.

Pola súa banda, na área de creación de contidos socioculturais en redes sociais, os proxectos CienciA: catro pioneiras galegas, de Yeray Folgar Cameán; Cultura ao descuberto, de Candela Lola Battiato Miñones; carlotaghatos, de Carlota Casal Ramos; Séculos Escuros, de Laura Villar Loureiro; e Adochinto, de Leticia Mayán Rodríguez.

A deputada de Cultura, Natividade González, destacou “a calidade das propostas seleccionadas e a diversidade de formatos e disciplinas que conflúen” nestas residencias. Asemade, subliña que para a Deputación 2é fundamental apoiar procesos de creación que precisan tempo, espazo e acompañamento, ofrecendo ás creadoras e creadores as condicións axeitadas para desenvolver os seus proxectos con garantías”, sinala.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.