A ribeirense Rosa Crujeiras toma posesión este venres como reitora da Universidade de Santiago de Compostela. Directo ás 11.30

09 Abril 2026

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará este venres o acto de toma de posesión da súa nova reitora, Rosa M. Crujeiras Casais, nunha cerimonia solemne que terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O evento, previsto para as 11.30 horas, estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e contará coa presenza de numerosas autoridades civís e académicas. Entre elas, asistirán tamén os reitores das universidades galegas: Manuel Reigosa Roger e Ricardo Cao Abad e as alcaldesas de Ribeira e Santiago.

A cerimonia comezará coa intervención de Alfonso Rueda, quen dará paso ao discurso do reitor saínte, Antonio López Díaz. Posteriormente, a secretaria xeral saínte da USC, Diana Santiago Iglesias, anunciará os cesamentos do actual equipo e o nomeamento oficial de Rosa Crujeiras.

Tras prometer o cargo e recibir a medalla e o bastón de mando da institución, a nova reitora pronunciará o seu discurso. A continuación, procederase ao nomeamento da nova secretaria xeral, Alicia Villalba Sánchez, así como do resto do equipo de goberno.

O acto será pechado polo presidente da Xunta e poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da USC.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.