A ribeirense, Rosa Crujeiras, nova reitora da Universidade de Santiago, primeira muller no cargo en Galicia tomará posesión o venres

06 Abril 2026

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o nomeamento de Rosa María Crujeiras Casais como nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela, tras gañar as eleccións celebradas o pasado 11 de marzo. A nova reitora tomará posesión do cargo este venres 10 de abril.

Crujeiras convértese así na primeira muller en asumir este cargo nunha universidade galega, sucedendo a Antonio López Díaz, quen estivo á fronte da institución desde 2018.

Nada en Artes (Ribeira) en 1978, é licenciada en Matemáticas e catedrática de Estatística e Investigación Operativa. A súa traxectoria investigadora céntrase no desenvolvemento de metodoloxía non paramétrica para a análise de datos complexos, e conta cunha destacada carreira docente e científica, con numerosas publicacións e experiencia internacional como investigadora posdoutoral na Université catholique de Louvain.

Ao longo da súa carreira recibiu diversos recoñecementos, como o Premio ao Novo Talento Científico Feminino 2023 da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 2024 o Premio á Mellor Contribución Metodolóxica en Estatística concedido pola Sociedade de Estatística e Investigación Operativa e a Fundación BBVA.

No ámbito da xestión universitaria, desempeñou cargos como vicerreitora de Comunicación e Coordinación e foi directora científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia ata decembro de 2025.

A Xunta quixo tamén agradecer o labor desenvolvido por Antonio López durante os seus oito anos como reitor, destacando fitos como a acreditación do Campus Terra de Lugo ou o impulso á nova facultade de Farmacia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.