A Pobra festexa o Día Internacional da Danza cunha mostra aberta de baile do Taller Alecrín

15 Abril 2026

Co gallo de festexar o Día Internacional da Danza na Pobra do Caramiñal terá lugar o vindeiro domingo, 19 de abril, un evento aberto ao público que se levará a cabo ás 18 horas na praza Alcalde

Segundo Durán. No caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorábeis, a actividade trasladarase ao colexio Salustiano Rey Eiras (Banda Seca).

Cómpre dicir que esta iniciativa, de carácter gratuíto, forma parte do programa Compromiso co Baile, impulsado polo Taller Alecrín co obxectivo de promover a participación cidadá e achegar a danza a todos os públicos.

O encontro presentarase como unha mostra de linedance e baile social en formato de clase aberta, na que participarán os alumnos e alumnas dos obradoiros do Taller Alecrín. Ao longo da tarde, o público poderá gozar de coreografías de diferentes estilos como Swing, Country, Bachata, Merengue, Cha-cha-chá, Soul, Disco e Funky.

Durante a presentación da actividade, o director do Taller Alecrín, Francisco Muñiz, avanzou que haberá “máis dunha sorpresa para enriquecer esta actividade” e explicou que “Compromiso co Baile é a nosa particular homenaxe ao Día Internacional da Danza, sumándonos ás celebracións que se realizan a nivel mundial”.

Para rematar, engadir que a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, animou “a todos os veciños e veciñas a achegarse a participar nesta xornada e gozar dun medio de expresión tan fermoso como o é a danza”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.