A Carreira da Guía homenaxea á atleta María José Martínez Patiño

29 Abril 2026


A atleta María José Martínez Patiño será a homenaxeada neste 2026 na Carreira da Guía, impulsada pola Asociación de Veciños de Carreira, en colaboración do Concello de Ribeira. Esta deportista será entrevistada no xoves, 30 de abril, ás 20.00 horas, no Centro Social de Carreira, coa finalidade de que o público poida coñecer máis sobre a súa traxectoria vital e profesional. No que respecta á carreira, a cita presentarase en vindeiras datas.

María José Martínez Patiño (Vigo, 1961) é unha destacada atleta galega, especialista en probas de valos, cuxa traxectoria profesional estivo marcada por unha histórica loita polos dereitos das mulleres no deporte. A día de hoxe é doutora pola Universidade de Vigo e unha recoñecida investigadora. Forma parte do panel de expertos da Comisión Médica e Científica do Comité Olímpico Internacional (COI), onde traballa na regulación dos controis de sexo e a inclusión no deporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.