Sirves acolle este domingo a tradicional Festa das Dores con misa solemne ás 13.00 horas

11 Abril 2026

A parroquia de Olveira celebrará esta fin de semana a tradicional Festa das Dores na capela de Sirves, unha cita relixiosa e popular que reúne cada ano a numerosos fieis e veciños da contorna.

A romaría, dedicada o domingo 12, á Virxe das Dores, constitúe unha das celebracións máis significativas destas datas, coincidindo coa oitava de Pascua e co Domingo da Misericordia. Trátase dunha festa de carácter familiar na que se conxugan a devoción relixiosa e a convivencia veciñal, mantendo viva unha fonda tradición na comunidade.

Os actos centrais desenvolveranse coa misa solemne prevista para as 13.00 horas, na que se renderá homenaxe á Virxe das Dores, figura que simboliza o amor e o sufrimento, iluminado pola esperanza da Resurrección.

Desde a organización, a cargo da Unidade Pastoral de Ribeira, destacan o valor espiritual e cultural desta celebración, que honra a fe e reforza os lazos entre a veciñanza, ao tempo que pon en valor o patrimonio relixioso da zona de Sirves.

A Festa das Dores consolídase así como unha cita destacada no calendario litúrxico local, mantendo o seu carácter tradicional e a súa capacidade de convocatoria ano tras ano.

Sábado 11 de Abril, comeza a festa en honra á Virxe das Dores no lugar de Sirves, na parroquia de Olveira do municipio de Ribeira, ás 23.00 horas cunha gran verbena amenizada por Jb Son e a discoteca móbil Planet con Dj Machito.

Domingo 12, ás 10.00 horas haberá dianas e alboradas co grupo Tahúme. A continuación oficiarase a misa solemne e ás 13.30 horas comezará a sesión vermú amenizada por Os Bugis.
Haberá inchables.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.