Saúl de la Peña iniciou á veciñanza de Dodro na micoloxía

30 Marzo 2026

Este venres 27 de marzo Dodro acolleu a presentación do libro Iniciación á micoloxía de Saúl de la Peña Lastra, unha obra de divulgación concibida para todo tipo de lectores, especialmente indicado (como se indica no seu título) para quen queira dar os seus primeiros pasos no mundo dos cogomelos, con coñecemento útil e seguridade.

Saúl de la Peña Lastra é doutor en medio ambiente e enxeñeiro forestal. Leva máis de trinta anos estudando a natureza, en especial o mundo dos fungos e das plantas. Na actualidade estuda as relacións ocultas entre os bosques atlánticos a través das redes fúnxicas que os conectan.

É ademais un experto micólogo e é profesor do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A cita celebrouse na Casa da Cultura de Dodro e contou cunha destacada presenza de público.

Organizou o Concello de Dodro e colabora a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.