Portos de Galicia inspecciona a pasarela do Paseo Marítimo de Noia para avaliar a súa reparación

10 Marzo 2026

Unha inspección técnica enviada por Portos de Galicia desprazouse este martes ata Noia para analizar sobre o terreo o estado da pasarela do Paseo Marítimo e elaborar un informe que permita determinar as actuacións necesarias para a súa reparación.

A visita prodúcese despois de que o alcalde de Noia, Fran Pérez, mantivese onte unha conversa telefónica co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, na que lle trasladou a situación de deterioro na que se atopa esta infraestrutura.

A pasarela xa fora noticia o pasado 11 de febreiro, cando unha parte significativa da estrutura rompeu durante unha treboada e caeu á ría. Tras aquel incidente procedeuse ao precinto da zona afectada para garantir a seguridade.

Co paso das semanas, o estado da infraestrutura continuou deteriorándose e a Policía Local de Noia decidiu pechar completamente a pasarela o pasado domingo ao considerar que non reunía as condicións de seguridade necesarias para o seu uso.

Durante a conversa co rexedor, o presidente de Portos de Galicia agradeceu a rápida actuación da Policía Local e informou de que xa está encargada a reparación da parte da estrutura que caeu ao mar o pasado mes de febreiro.

Pola súa banda, o alcalde de Noia agradeceu o interese e a implicación amosados por Portos de Galicia nos últimos días. Ambas administracións coincidiron na importancia de manter unha coordinación constante e traballar de maneira conxunta para avanzar na solución desta situación dentro do ámbito das súas respectivas competencias.

Desde o Concello de Noia subliñan a relevancia da inspección técnica realizada hoxe, xa que permitirá avaliar con detalle o estado da infraestrutura e definir os seguintes pasos para a súa recuperación.

O goberno local asegura que continuará colaborando e prestando todo o apoio necesario para facilitar as actuacións correspondentes e que a pasarela do Paseo Marítimo poida recuperarse nas mellores condicións posibles para o uso da veciñanza e das persoas que visitan o municipio.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...