Os produtores de castañas lanzan unha mensaxe urxente (e preocupante) ante a inminente invasión de velutinas coa chegada da primaver

08 Marzo 2026

Polinízate, ponte as pilas. Con esta mensaxe tan clara e directa, a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos acaba de dar a voz de alarma. “A situación coa avespa asiática (Vespa velutina) é crítica esta primavera e os produtores advirten de que as colleitas deste ano corren un serio perigo se non nos movemos rápido”, advirten, engadindo que “as raíñas desta especie invasora están saíndo agora mesmo dos seus agochos de inverno para comezar a construír os niños novos, e se non as atrapamos durante estas semanas, no verán teremos milleiros de avespas cazando e esnaquizando aos nosos polinizadores autóctonos”.

Segundo lembran, “as abellas e outros insectos son os verdadeiros traballadores do souto; sen eles, sinxelamente non hai castañas nin froita”.

A través desta campaña, a asociación pide á veciñanza das aldeas e aos produtores que “coloquen trampas nas súas fincas canto antes”.

Desde a entidade insisten en que non “fai falla gastar cartos nin mercar material complicado; abonda con usar unha simple botella de plástico reciclada e preparar un líquido atrainte na casa, tal e como explican nos carteis que xa están a distribuír”.

A lóxica detrás do aviso é “aplastante”, din: capturar a unha soa raíña fundadora hoxe é a única forma real e demostrada de evitar que se forme un niño xigante en agosto.

Toda a información técnica, os detalles da campaña e os pasos exactos para preparar estas trampas caseiras de forma segura están subidos na web oficial da asociación.

Desde a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos piden a máxima difusión aos medios de comunicación e a colaboración de toda a veciñanza. “Xogámonos a supervivencia das nosas abellas e o sustento económico de moitas familias do medio rural”, advirten.

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos traballa pola defensa, promoción e modernización do sector da castaña en Galicia, velando pola calidade do produto dende o souto ata a mesa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.