O Concello de Ribeira oferta un obradoiro de preparación para o acceso ao Conservatorio de Música Profesional ‘Enrique Paisal’

24 Marzo 2026

O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira ‘Enrique Paisal’ organiza un obradoiro de preparación para o acceso a este centro coa vista posta no curso 2026-2027. Trátase dunha acción formativa orientada á rapazada con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos que queiran cursar os seus estudos oficiais en música no Conservatorio.

“Ribeira é terra de músicos, polo que cremos que é importante que a oferta educativa pública inclúa a música. Por iso, dende este Conservatorio, lanzamos este obradoiro de preparación para o acceso no vindeiro ano académico, onde a rapazada terá a oportunidade de coñecer os distintos instrumentos e elixir cal é no que se queren enfocar durante a súa formación”, explicou a concelleira de Educación, Nucha Brión, na compaña do director do Conservatorio, Álvaro López.

Este curso preparatorio é de balde e impartirase ao longo de catro semanas, nas cales traballaranse os contidos que integrarán a proba de acceso ao primeiro curso do Grao Elemental; un exame de carácter obrigatorio que está programado para a última semana de maio. A maiores, os nenos e nenas poderán ter o primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten neste centro a través das presentacións do profesorado e alumnado, coa finalidade de servirlles como guía para a elección da especialidade que desexen estudar a partir de setembro.

Por tal motivo, o alumnado dividirase en tres grupos. O primeiro será nos martes 7, 14, 21 e 28 de abril, ás 18.30 horas; o segundo, nos xoves 9, 16, 23 e 30 dese mesmo mes, ás 17.00 horas; e o terceiro, tamén neses xoves, mais ás 20.00 horas.

As prazas son limitadas, polo que se establece un máximo de 12 inscritos e un mínimo de 6 por grupo para que estes se leven a cabo.As inscricións aceptaranse por rigorosa orde de entrega do formulario no enderezo electrónico conservatorio@ribeira.gal.

Outros artigos

Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.