O Concello de Padrón anuncia a 36ª edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa

24 Marzo 2026

Logo de máis de tres décadas de historia, o Concello de Padrón convoca a XXXVI edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, un certame de referencia no panorama literario nacional que se celebra ininterrompidamente desde 1989 en homenaxe permanente ao escritor padronés, Premio Nobel de Literatura. Cómpre sinalar que este concurso literario reafírmase como un referente na promoción da narrativa en galego e castelán, mantendo vivo o legado do escritor padronés.

En canto ao premio, dicir que está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e escritos en galego ou castelán, cunha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou escritos en formato word a dobre espazo e con tipo de letra Arial, tamaño 12.

O prazo para presentar os traballos estará aberto até o 15 de xullo de 2026. As obras deberán entregarse por quintuplicado, sen sinatura e cun lema identificativo, no Rexistro Xeral do Concello de Padrón ou por correo postal. Xunto cos relatos, será preciso achegar un sobre pechado coa información persoal da persoa autora.

Un xurado designado polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, será o encargado de valorar as obras baixo os principios de publicidade, transparencia, igualdade e obxectividade. O seu fallo darase a coñecer antes do 31 de decembro de 2026 e farase público no taboleiro de anuncios do concello.

O relato premiado pasará a ser propiedade do Concello de Padrón, que se reserva o dereito de publicación. Os traballos non premiados serán destruídos unha vez remate o proceso de selección.

Engadir que esta nova edición chega tras celebrarse o pasado 13 de marzo no Paraninfo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela a entrega do XXXV Premio Literario Camilo José Cela, que distinguiu a Fran Fernández Davila pola súa obra A lingua dos ósos.

As persoas interesadas en participar poden consultar as bases na páxina web do Concello de Padrón.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.