
Ao remate dunha vida “sen metas nen proxectos” e cunha longa experiencia por distintos tribunais fronte á postura de seu pai, a moza de 25 anos Noelia Castillo recibiu o xoves a eutanasia que seu pai lle negaba. A de Noelia foi unha infancia breve no seo dunha familia rompida, de enfermidades mentais e graves traumas que non minguaron a súa determinación de morrer en paz.
Finou Noelia após recibir finalmente o que reclamara. E coa súa morte actívase o que antes non se movera. Por exemplo: O Supremo será o encargado de fixar doutrina sobre se un pai pode mediar na eutanasia reclamada por un fillo/a. O Tribunal Supremo -onde ficaba cando Noelia explicou o seu dereito á eutanasia?- levará a Pleno o debate sobre se un pai está lexitimado para recorrer xudicialmente a concesión da eutanasia ao seu fillo/a maior de idade e en plenas capacidades, un caso semellante ao de Noelia pero que con esta non se debateu porque tal cuestión non foi recorrida polo proxenitor após un longo periplo xudicial de máis de ano e medio. Noelia morreu após exercer o seu dereito á eutanasia.
“Quero que me deixen en paz e deixar de sufrir, algo que seu pai non quixo entender, como tampouco o fixeron organizacións coma o colectivo de Avogados Cristiáns, malia saberen que a decisión de Noelia foi un acto de soberanía popular, de choque entre a ética da vida sagrada e a ética da autonomía persoal que, no remate, foi resolto ao abeiro da lei española.
“Algún día estaremos xuntiñas, non tardaremos moito”, dixo a súa avoa.
Descansa en paz, Noelia.


