Muros achega campamentos de lecer para rapazada en Semana Santa

09 Marzo 2026

O Concello de Muros adiantou detalles do seu Programa Concilia Primavera 2026, dirixido a favorecer nas vacacións de Semana Santa a harmonía entre a actividade laboral das nais e pais e o tempo de lecer da rapazada. Segundo fixo saber o Goberno local (as concellerías de Muller e Igualdade e Ensino e Lingua) a axenda inclúe campamentos na EEI de Muros e na EEI de Tal os días 30 e 31 de marzo, 1 e 6 de abril (de 09:00 a 14:00 horas).

Trátase de actividades de lecer para as nenas e nenos nadas/os entre 2014 e 2022 “Potenciar este tipo de actividades é unha prioridade para o noso concello, posibilitando a conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares”, explica Maruxa Martínez, concelleira de Muller e Igualdade. Pola súa banda, a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, engadiu que estamos ante “unha alternativa de lecer para os nenos e nenas, con actividades lúdicas e dirixidas en Muros e Tal”.

A solicitude de preinscrición poderá facerse dende luns 9 de marzo, ata as 14.00 h do 16 de marzo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...