“Moita auga, moitas necesidades, poucas ideas e menos gañas de facer”. Antón Luaces

30 Marzo 2026

Fai clic para indicarlle a Gmail que esta conversa é importante

Foi moita a choiva que afectou as rías, os ríos e os montes galegos nestes últimos meses, feito que non impediu que xa se produciran incendios forestais de danos limitados en distintas provincias da comunidade autónoma.

Os prexuizos causados non son, nen moito menos, poucos. Ata tal punto existen, que os afectados están á agarda de que a unta aplique acordos tendentes a que a administración invista os anunciados 23 millóns de euros comprometidos para paliar  os graves danos ocasionados, unha cantidade que o PS de G considera insuficiente. É unha cantidade insuficiente e “así non se salva o marisqueo”, afirman os socialistas, que convidan aos representantes do goberno autonómico a que viren cara outra realidade: aplicar medidas que se noten no día a día e que a proposta se traslade ao Parlamento canto antes. 

Porque era máis que sabido que esto ía ocorrer: foi moita a choiva caída e que a terra non sería quen de absorver. Tapar cunha manchada de millóns de euros (23) o dano producido é coma tentar apagar un  incendio forestal a golpe,de “pitilín” dun cativo de dous meses. Non é abondo, precísanse moitas máis axudas. E isto sábeo moi ben a Xunta. Así, verdadeiramente, non se salva o marisqueo. E o presidente da Xunta non pode chamarse ao engano: son moitos os millóns de euros perdidos nas rías de Galicia por mor das riadas de auga doce que mataron miles de quilos de berberecho, ameixa, navallas e mexillón cuxa semente e coidado soamente xa supera con moito a cantidade económica orzamentada pola administración autonómica.

Que lles vou dicir a vostedes que non saiban?. Deixen de agochar a testa. É hora de facer fronte á realidade: os problemas non  se arranxan sempre a golpe de DOG. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...