Madrid acolle unha gran exposición sobre Valle-Inclán e o seu vínculo coa capital

20 Marzo 2026

A Comunidade de Madrid inaugurou este venres a exposición Valle-Inclán en Madrid, unha mostra que percorre a pegada que a capital deixou na vida e obra de Ramón María del Valle-Inclán, unha das figuras clave da literatura española do século XX e máximo expoñente do esperpento.

A exposición poderá visitarse do 20 de marzo ao 21 de xuño na Biblioteca Rexional de Madrid e enmárcase dentro dun programa cultural que inclúe un ciclo de conferencias para profundar na figura do autor galego. No acto inaugural participaron Xaquín del Valle-Inclán, neto do escritor e Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

De esquerda a dereita: Isabel Moyano, Subdirectora General del Libro da Comunidad de Madrid, Xaquín del Valle-Inclán, neto do escritor galego e comisario da mostra Bartolomé González, Director General de Patrimonio Cultural da Comunidad de Madrid, Mariano de Paco Serrano, Consejero de Cultura, Turismo y Deporte da Comunidad de Madrid, Óscar Arroyo, director da Biblioteca Nacional de España e Antonio Glez. Millán, director do Museo Valle-Inclán – A Pobra do Caramiñal. Remitida

A primeira destas citas terá lugar o martes 31 de marzo ás 18:30 horas e estará a cargo de Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do autor e comisario da mostra. Investigador e escritor, dedicou boa parte da súa traxectoria ao estudo da obra de Valle-Inclán, con publicacións como Valle-Inclán inédito ou a biografía Ramón del Valle-Inclán, xenial, antigo e moderno.

A exposición propón un percorrido polas etapas nas que Valle-Inclán residiu en Madrid —entre 1891 e 1935 en distintos periodos—, mostrando non só a súa evolución literaria, senón tamén a súa intensa vida cultural e social. A capital aparece así como un elemento fundamental na súa obra, ata o punto de converterse nun personaxe máis dentro do seu universo creativo.

O visitante poderá descubrir facetas menos coñecidas do autor, como o seu labor como editor e deseñador, así como a influencia das súas viaxes por América ou as súas relacións persoais a ambos os dous lados do Atlántico. Tampouco faltan referencias aos soados faladoiros literarios do Madrid da época, nos que participou xunto a outros escritores da Xeración do 98 como Miguel de Unamuno, Pío Baroja ou Azorín.

A mostra reúne unha ampla variedade de materiais —cartas, manuscritos, primeiras edicións, fotografías e obxectos persoais— procedentes de institucións como a Biblioteca Nacional de España, a Hemeroteca Municipal de Madrid ou o Museo de Valle-Inclán, ademais de fondos propios e da colección familiar.

En paralelo, o Foro Galicia e Valle Inclán, presidido por Joaquín del Valle-Inclán Alsina, continúa desenvolvendo labores de investigación e divulgación sobre a vida e obra do escritor máis internacional de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.