Espállase o activismo ambiental: Noia Limpa retira moreas de lixo da Cova da Moura e Sobreviñas

02 Marzo 2026

A asociación ambiental e activista Noia Limpa proseguiu esta fin de semana cos seus traballos de denuncia de agresións á natureza e de limpeza e retirada activa de residuos en paraxes naturais do rural e urbanas.

En concreto, as integrantes do colectivo levaron a cabo traballos de retirada de lixos no entorno da Cova da Moura e de Sobreviñas, en colaboración co Concello. Como vén sendo costume, foron apañados materiais de construción e agrícolas, rodas de vehículos e envases de alimentos (moreas de latas de refrescos e cervexas).

A estes labores de activismo ambiental súmanse os levados a cabo na praia de Río Sieira (no concello de Porto do Son), onde se retiraron principalmente aparellos de pesca e envases de alimentos; e máis en Testal, no propio concello de Noia, onde foron apañados 108 quilogramos de lixo.

O Concello felicitou ás e aos integrantes de Noia Limpa e lembrou que “nun contexto no que o incivismo e a falta de respecto polo noso entorno deixan pegadas en forma de lixo , é máis necesario ca nunca poñer en valor a quen dedica o seu tempo, esforzo e compromiso a coidar o que é de todas e todos. No Día Internacional das ONGs, queremos dar as grazas a todas as persoas que, de maneira desinteresada, traballan cada día por unha comunidade mellor”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.