“Desaloxos, acosadores, usureiros e especuladores” – José Manuel Pena

27 Marzo 2026

A pesar da súa mocidade levaba sete anos de angustia permanente polo temor para perder a súa vivenda habitual, agravado por acosos constantes dos responsables das entidades financeiras. Agora, comezan a ver a luz ao final de túnel, tras a próxima sinatura dun alugueiro social

A súa esposa perdeu máis de quince quilos, en pouco menos dun ano. A presión, intransixencia, acoso familiar e cara ás persoas da súa contorna, por parte do director do banco, fixéronlle temer pola súa propia vida. Agora a familia está a piques de asinar unha dación en pago e a vida comézalle a sorrir.

Xa non cree na honestidade e a solidariedade entre os homes. Foi unha vítima inocente máis do terrorismo financeiro, da usura e a especulación duns desvergonzados que viven á conta de quedarse co patrimonio dos demais. Catro negocios, dúas vivendas, terreos e un saldo millonario na súa conta. Da noite para a mañá queda co posto. Pensou, nun principio, en terminar co sufrimento da súa familia, da peor maneira posible. Ao final, o profundo sentimento relixioso da súa esposa e o ánimo e apoio psicolóxico dispensado por Stop Deshaucios da súa Comarca, fíxolles recuperar a ilusión e o seu compromiso como activista social.

Non quería perder a súa casa e ao mesmo tempo non podía vivir nela. Os malos tratos psicolóxicos, ocasionados polo seu ex marido, séguenlle atemorizando e son moitas as noites de insomnio. Levaba anos visitando o banco onde lle concederon o préstamo hipotecario para refinanciar o mesmo e só recibe humillacións, desprezos e mesmo algunha que outra proposición deshonesta. Xa non sabe onde acudir, ao final atópase cun colectivo de veciños comprometidos cos máis humildes e que loitan contra a usura e a prepotencia dos bancos, logrando liberarse da débeda, grazas á sinatura dunha dación en pago. É moi xoven e hoxe en día vive feliz, co seu traballo e unha nova parella, lonxe da súa terra cun futuro esperanzador.

Poderiamos seguir plasmando decenas de casos de vidas rotas e hipotecadas, que un bo día viron a luz, na comarca do Barbanza, grazas á súa loita e fortaleza.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...