“Cando o león bradaba na auga da fonte de Padín” – Antón Luaces

23 Marzo 2026

Ribeira (Santa Uxía) xa é maior de idade: ven de cumprir os seus primeiros 120 anos coma cidade, un título que lle outorgou o rei de España Alfonso XIII, case medio século antes de que, coa familia integrada por meus pais e os seus catro fillos (dos que só eu quedo vivo) chegaramos ao que, non eras máis ca un pobo cuxa dimensión albisquei desde a cuberta do “vapor” que cubría o traxecto Vilagarcía-Ribeira entre o lusco e o fusco dun día de xuño de 1952.

Procedente de Las Palmas de Gran  Canaria (onde me criei desde os meus primeiros once meses de vida após nacer en Cariño) a miña visión máis ou menos nocturna de Ribeira foi “deslumbrante”, porque a visibilidade do Malecón perfectamente alumeado con farois coroados cadanseu por tubos de neón ofrecía unha imaxe que gardo con agarimo na miña mochila dos sentimentos máis íntimos. Coñecín, polo tanto Ribeira, de noite. Pepe Castelao e Isidro Fernández, a amigos de meu pai, agardaban na rampla de atraque do “vapor” e, nada máis este fixo firme o atraque, ambos os dous subiron a bordo para, xunto con meu pai, facérense cargo das maletas e bolsas que conformaban a nosa equipaxe. 

Destino: rúa Cervantes, en Bandouurrío, unha casa de dous andares distante uns seis ou sete metros dun sumidoiro cuxa “tapa” permitía adiviñar un regacho cuxas augas vertían ao mar cabo a fonte de tres canos -ou dous?- que subministraban auga a un barrio daquela carente de elementos esenciais nunha cidade. 

Desde ese momento pasamos a ser veciños da fábrica de conservas Cerqueira e a antiga fábrica de salga reconvertida en almacén dos tres pesqueiros propiedade dos de Sofía, unha familia de fonda tradición mariñeira e tendas de comestibles.

Foron estas as miñas primeiras horas nunha cidade que tiña tres cruceiros, dous cines, catro ferraxerías, un hotel (o “Moderno”), varias fondas (entre estas a da “Cambadesa), dos fornos de pan, unha igrexa, unha libraría (a de Consuelo) e ducias de bares e cafés que, co paso do tempo, se transformaron en cafetarías e restaurantes. As edificacións eran, maioritariamente, dun ou dous andares (maiormente dunha soa planta) e o edificio máis admirado, sen dúbida a casa do Concello cuxo solar foi ocupado -en mala hora- polo adefesio que se construíu após derrubar o existente. 

Pasaron os anos, Ribeira é máis cidade pero nunca será aquela vila-pobo-cidade cunha única escola pública (O Grupo) e varias escolas privadas entre as que estaban as de don Carlos García Bayón, don Juan Emilio Álvarez de Prado, don Manuel Martínez (O Roxo)… que ensinaron a moitas xeracións que modificaron absolutamente a vida desta rapaza de 120 anos que un día dos anos 60 viu pasar polas súas rúas aos reis de Bélxica (Balduino e Fabiola).  

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...