As Rías Baixas e Santiago notarán a subida das temperaturas nun martes de vento do nordés

02 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago de Compostela vivirán este martes 3, unha xornada de tempo variable, marcada pola influencia dunha borrasca situada no Golfo de Cádiz e o anticiclón das Azores, que deixarán un corredor de vento do nordés sobre Galicia.

Nas Rías Baixas agárdase un ceo parcialmente nubrado, con alternancia de nubes e claros, especialmente nas horas centrais do día. No caso de Santiago, a mañá poderá comezar con máis nubosidade, pero co avance da xornada abriranse claros, deixando un ambiente máis luminoso pola tarde.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un ascenso entre moderado e notable no sur, algo que se deixará sentir especialmente nas Rías Baixas, onde o ambiente será máis agradable durante a tarde. En Santiago tamén se notará esa recuperación térmica, cunha sensación máis primaveral nas horas centrais.(8 gras de mínima e 22 de máxima)

O vento soprará moderado do nordés, con maior intensidade no tramo costeiro entre Cabo Touriñán e Cabo Fisterra, aínda que nas Rías Baixas será en xeral frouxo a moderado.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.